Pepe de Otilia
José Villar Pérez (Pepe de Otilia, fillo da tia Lolita) Pepe estuvera moitos anos en Venezuela ao servizo da Diplomacia, xunto coa muller, Otilia. A filla, Pepiña, quedou en Santomé coa aboa Angelina. Cando volveu pra Santomé fixo a casa nas Airas e puxo o Bar-Comercio. Dispois mercou un camión, un Ebro vermello coa caixa de ferro. Transportaba con il materiais e xente pola bisbarra. Mais tarde, agarrou a licencia do taxi (nº 1 de Cartelle) e mercou unh Seat Mil Cincocentos negro brillante, que coronaba velo, co canveo das marchas no volante e os asentos de diante xuntos, dunha peza o xeito de sofá de polipiel da boa. Collían tres persoas diante. Co taxi, de feira en feira, vivíache coma unh rei. Gastábache bo bandullo. Érache moi miniñeiro. Acórdame de meter a rapazallada na caixa do Ebro pra darlles unh noreo naquelas pistas de terra. Moradella ed.