Pepe de Otilia


José Villar Pérez
(Pepe de Otilia, fillo da tia Lolita)

Pepe estuvera moitos anos en Venezuela ao servizo da Diplomacia, xunto coa muller, Otilia. A filla, Pepiña, quedou en Santomé coa aboa Angelina.
Cando volveu pra Santomé fixo a casa nas Airas e puxo o Bar-Comercio.
Dispois mercou un camión, un Ebro vermello coa caixa de ferro.
Transportaba con il materiais e xente pola bisbarra.
Mais tarde, agarrou a licencia  do taxi (nº 1 de Cartelle) e mercou unh Seat Mil Cincocentos negro brillante, que coronaba velo, co canveo das marchas no volante e os asentos de diante xuntos, dunha peza o xeito de sofá de polipiel da boa. Collían tres persoas diante.

Co taxi, de feira en feira, vivíache coma unh rei. Gastábache  bo bandullo.
Érache moi miniñeiro. Acórdame  de meter a rapazallada na caixa do Ebro pra darlles unh noreo naquelas pistas de terra.


Moradella ed. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Amancio Seijo

Alcumes de Santomé