Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Alcumes de Santomé

Armada Bande /-a Barqueiro /-a Brasileiro /-a Camorra Campante Capitán /-a Carabel Carrizo /-a Cazote /-a Chimpacarros Cougil Durma Entraquexantas Estanqueiro /-a Evaristo Faxardo /-a Ferreiro /-a Fouceiro /-a Garcia Longines Maneta Manroi Monea Motora Olleros Petolo /-a Pichón /-a Portugués /-a Quintairo /-a Requena Rexente /-a Rinchán Rolo /-a Rubillo /-a Sacristán /-a Sardiñeiro /-a Seijo Sopas Vertelo /-a Xereque /-ca Moradella ed.

Pepe de Otilia

Imaxe
José Villar Pérez (Pepe de Otilia, fillo da tia Lolita) Pepe estuvera moitos anos en Venezuela ao servizo da Diplomacia, xunto coa muller, Otilia. A filla, Pepiña, quedou en Santomé coa aboa Angelina. Cando volveu pra Santomé fixo a casa nas Airas e puxo o Bar-Comercio. Dispois mercou un camión, un Ebro vermello coa caixa de ferro. Transportaba con il materiais e xente pola bisbarra. Mais tarde, agarrou a licencia   do taxi (nº 1 de Cartelle) e mercou unh Seat Mil Cincocentos negro brillante, que coronaba velo, co canveo das marchas no volante e os asentos de diante xuntos, dunha peza o xeito de sofá de polipiel da boa. Collían tres persoas diante. Co taxi, de feira en feira, vivíache coma unh rei. Gastábache   bo bandullo. Érache moi miniñeiro. Acórdame   de meter a rapazallada na caixa do Ebro pra darlles unh noreo naquelas pistas de terra. Moradella ed.  

Antonio Monea

Imaxe
  Antonio Martínez Fernández  ( Antonio Monea ) Antonio fora comisario político coa República. Marchou pro exilio a Francia no 1939 dende Valencia , xunto  cos membros do Goberno Republican. Pasou a Francia polas montañas de La Vajol (Girona). En Francia viviu durante unh tempo e xuntouse cunha moza de Zaragoza, que seica andaba atrás dil, coma espía do réximen de Franco. Coñécese que Fidela (a compañeira) o ver aquil mozazo, parou de espiar. Co tempo embarcaron cara o Brasil e viviron nunha facenda no Estado de Sao Paulo unhos cantos anos. Antonio morreu novo, polo ano 1969, seica dunha insolación. A compañeira volveu entón pra Zaragoza. Moradella ed. ********************** 29 de Xaneiro de 2019 : Hai oitenta anos que Antonio marchou a Francia d ende Valencia, travesando os Perendengues por La Vajol. Non volveu mais a Galiza. Dicía Darío Monea, o seu irmao mais pequeno : "Soles que me alumbran"  Tam...